" />

O cambio de sistema afecta ao reconto de positivos que xa rozan os 1000 diarios

Aumento de casos, de contaxios e de falecementos. Os últimos datos da Covid na provincia publicados polo SERGAS amosan unha xornada negra na provincia. A realidade é que o cambio no sistema de altas e no de reconto de positivos trouxo consigo unha melloría momentánea que xa volve a medrar.  Un total de 7214 casos activos se rexistraban ata as 18 horas do día de onte logo de recibir 435 altas médicas pero que non foron suficientes para contrarrestar os 966 positivos novos rexistrados.

Un aumento que tamén se ve reflexado na presión asistencial. Nos centros hospitalarios da provincia aumentan lixeiramente os ingresados covid en planta e UCI. Así, o Hospital Lucus Augusti, que segue a ser o máis afectado, rexistraba ata as 6 da tarde de onte un total de 40 pacientes covid. Pola súa banda o Hospital da costa conta en planta con 7 ingresados; e o hospital de Monforte que nos últimos días estabilizaba esta cifra, hoxe amenceu con 5 ingresados en planta por Covid 19. No tocante ás Unidades de Críticos só o Lucus Augusti conta con casos covid, en concreto 5 persoas que permanecen na UCI.

Por último, como diciamos ao principio, tamén hai que lamentar novos falecementos nas últimas horas. En concreto, o SERGAS notificou unha morte nova onte que tivo lugar o pasado día 13, o dunha muller de 94 anos no Hospital de Monforte. Asemade, o día de antes tamén se notificara outro falecemento, unha muller de 92 anos que perdía a vida no HULA despois de ser diagnosticada con Covid. Ambas falecidas tiñan patoloxías previas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo