O candidato popular á alcaldía de Lugo presenta os eixos do seu programa electoral

O voceiro do Grupo Municipal do PP, e candidato á alcaldía de Lugo, Jaime Castiñeira, presentou esta mañá nun almorzo informativo, os eixos do programa electoral que completará coas aportacións dos lucenses.

Castiñeira, animou aos lucenses a participar na elaboración do programa electoral, para o que utilizará tanto as canles tradicionais como as novas tecnoloxías.

Escoitámolo:

Jaime Castiñeira destacou que ten moi claro o proxecto de cidade que quere desenvolver o Partido Popular, e enumerou os eixos nos que pivotará a súa política.

Emprego, xestión transparente, a posta no mapa de Lugo como destino turístico, ou a mellora de espacios públicos para que Lugo sexa unha cidade cómoda para vivir, son algunhos deles.

Doutra banda, o fiscal manifestouse hoxe ante o Tribunal Supremo en contra de que éste abra unha investigación contra o portavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro, por supostos delitos de malversación e suborno, en relación ca chamada operación Pokemon.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com