O CB Sarria únese contra á violencia de xénero

O Club Baloncesto Sarria vén de unirse á proposta do concello sarriao para celebrar hoxe, 25 de novembro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Así, o propio club, lembrando a función social que debe cumplir o deporte, propuxo un lema vencellado ao baloncesto, que deu pé a un cartel co que se decoraron diversas zonas do Novo Chanto.

Igualmente nos partidos que os seus equipos xogaron onte no recinto deportivo da rúa Castelao, fixéronse fotos co devandito cartel para facer partícipes a xogadores locais e visitantes deste feito do que todos e todas debemos ser conscientes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo