O CD Lugo gaña ao Real Valladolid e colocase primeiro na táboa

Comezaba o encontro cun CD Lugo presionando moi arriba, e logrando crear as primeiras ocasións, encerrando ao seu rival en campo propio. Calidade na construción e desborde nas inmediacións da área para romper a estrutura defensiva dun Real Valladolid que acumulaba gran cantidade de efectivos para protexer a área de Becerra. Coas mellores oportunidades de gol, e marcando ritmo e tempos de partido, os locais facíanse cun dominio que os situaba como claros controladores da situación.

A supremacía dos de Luís César ía á reverter pronto en resultado concreto cando, no ecuador do primeiro tempo, o árbitro decretaba penalti a favor do CD Lugo. Joselu ao lanzamento, e final previsible para este tipo de sortes en botas do andaluz. Gol, e vantaxe para os de Luís César. O equipo vía premiada a súa aposta ofensiva fronte a un rival moi condicionado polo vendaval de xogo e ocasións que se sucedían desde ese momento.

A segunda metade iniciaba cun Real Valladolid máis ambicioso, con liñas adiantadas sobre campo rival, e buscando a entrada a través do envío directo sobre a posición dos seus homes máis veloces. A pesar de todo, o control seguía pertencendo a un CD Lugo que mantiña a posesión do balón, e a claridade na construción e na defensa con iniciativa no manexo de xogada.

O CD Lugo defendía a súa vantaxe con calidade e decisión na formulación dunha segunda metade vibrante e de altísima intensidade para o sistema defensivo local, máis esixido neste momento, nunha recta final de infarto.

Os últimos minutos traerían as mellores ocasións para o Real Valladolid, de novo a balón parado, e en botas dun Raúl de Tomás que achegou a igualada en sensacionais lanzamentos que rozaron o gol por dúas ocasións.

A pesar de todo, a vantaxe terminou por ser decisiva para os albivermellos, e coloca ao CD Lugo no alto da táboa clasificatoria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com