O Cebreiro honrará ao seu queixo predilecto o vindeiro 19 de abril

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación da XXXIII edición da Feira do Queixo do Cebreiro, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, que se celebra o 19 de abril -Venres Santo- en Pedrafita.

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, estivo acompañado no acto polo alcalde do municipio, José Luis Raposo; Enrique Fernández, presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo do Cebreiro; a xefa territorial da Consellería de Cultura e Turismo, María José Gómez, e a deputada provincial Pilar García Porto.

Na presente edición da feira participarán 100 expositores, xa que ademais dos queixos póñense a venda outros produtos alimentarios e de artesanía. Abrirase ás 9.30 horas da mañá e ás 13.00 horas pronunciará o pregón Manuel Lolo Aira, conselleiro executivo de AMSlab e natural de Pedrafita do Cebreiro.

A Feira do Queixo do Cebreiro está consolidada como un dos eventos gastronómicos con máis sona da provincia grazas á singularidade e á calidade do seu produto, que se acredita   cunha denominación de orixe propia que o pasado ano comercializou entre 80.000 e 90.000 pezas.

A Xunta colabora coa denominación de orixe a través da Consellería do Medio Rural e tamén coa organización da feira, a través da Consellería de Cultura e Turismo. Neste sentido, o delegado lembrou que hoxe mesmo comeza o prazo para que os concellos poidan solicitar as axudas para as festas de interese turístico, que estará aberto durante un mes.

Na presente convocatoria, a Xunta contempla dobrar a contía que recibía cada evento, ata os 7.500 euros, basicamente debido a que introduce dúas liñas de axudas: a tradicional para gastos de organización e promoción e unha segunda para a posta en marcha, durante a celebración das festas, da campaña de información e sensibilización fronte á violencia sexual en espazos públicos:AgresiónsOff, Eu digo non á violencia sexual. Ambas poden alcanzar os 6.000 euros de importe, aos que se suman os 1.500 procedentes dun convenio de Turismo de Galicia con Abanca.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com