" />

O Cemiterio Municipal de San Froilán forma parte do proxecto “Cemiterios Vivos”

O Cemiterio Municipal de San Froilán forma parte do proxecto turístico e cultural Cemiterios Vivos, unha iniciativa creada pola Asociación Nacional de Funerarias e Cemiterios Municipais, da que forma parte o camposanto lucense, que persegue visualizar os valores patrimoniais, culturais e turísticos que encerran os cemiterios españois. Como parte deste proxecto, o Concello instalará dous carteis promocionais da campaña en diferentes dependencias municipais, como pode ser o propio recinto do cemiterio.

Esta rede de cemiterios dispón do portal web www.cementeriosvivos.es para que os camposantos asociados obteñan a maior visibilidade e sexan facilmente accesibles, potenciando o seu atractivo turístico e cultural a nivel nacional e internacional.

Tamén permite compartir as sinerxías que se obteñen con este proxecto, mediante a posta en común de experiencias e propostas con outros cemiterios e contar cun espazo no que difundir todas as actividades que desenvolven no cemiterio ao longo do ano.

Deste xeito, Lugo accede a todas as accións de difusión e desenvolvemento que Asociación Nacional de Funerarias e Cemiterios Municipais realice mediante Cemiterios Vivos.

Promoción en FITUR
A Alcaldesa de Lugo e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua aproveitaron a súa visita á Feira Internacional de Turismo para achegarse ao stand de Cemiterios Vivos, onde Lugo tamén tivo presenza nesta feira co Cemiterio municipal de San Froilán.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo