" />

O central Carlos Hernández afirma que o Lugo está na “liña correcta”

Esta mañá Carlos Hernández, xogador do Club Deportivo Lugo compareceu fronte aos medios de comunicación na sala de prensa do estadio Ángel Carro, dando conta da actualidade da pretempada que nestes momentos se desenvolve.

Para o central, o equipo alcanza progresivamente un gran nivel, e a adaptación das novas incorporacións, ao seu xuízo, está a ser máis que positiva. Cuestionado pola posible chegada de máis reforzos, o central deixou claro que a competencia é altamente positiva para todos, e que a extensa tempada precisará dun bloque suficiente para abranguer o esixente calendario.

“O traballo vai moi ben, a adaptación está a ser boa e rápida. Estamos nunha boa dinámica para preparar o arranque. Agora a clave é o traballo, ver que sensacións transmiten as probas, o míster está sobre iso, e nós temos que estar a tope”, sinalou.

“Nesta categoría o máis importante é a solidez defensiva. É o que che fai estar arriba. O ataque é importante, pero tes que ser forte atrás se queres alcanzar os teus obxectivos. A tempada é moi longa, a competencia é positiva. Que o equipo técnico teña opcións no teu posto obrígate a render, a non baixar o listón. Se vén outro compañeiro, traballarei a tope e demostrarei o que podo dar cando o míster me ofreza a oportunidade. O adestrador ten claro o perfil que busca, o tipo de xogo concreto e con bo trato de balón. Creo que se está a facer moi bo equipo”, concluíu.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo