" />

O Centro Cívico Maruja Mallo aclimata as súas instalacións para incrementar a confortabilidade do inmoble

O centro cívico Maruja Mallo comezou este 2021 mellorando as súas instalacións.

Nestas semanas, as dependencias municipais están a ser reformadas para incrementar a climatización das estancias e contribuír á unha maior eficiencia enerxética nas mesmas.

Os traballos consisten na colocación de láminas anticalóricas que xa foron instaladas en 97 cristais dos andares 1º, 2º e 3º do edificio. “Rotulándoas polo exterior, acadamos un efecto espello, limitando a entrada directa da radiación solar, favorecendo a claridade e permitindo realizar en condicións óptimas a actividade prevista no interior. Evítanse así reflexos molestos e, pola contra, aumentamos as condicións de confort, no que a calor se refire”, indicou a edil de Benestar, Olga López Racamonde, que tamén apuntou que estas tarefas tiveron un custo de 8.903 euros.

Por outra banda, proximamente se ubicarán 16 aparatos portátiles de aire acondicionado nas diversas salas das que dispón o inmoble, co fin de poder regular, axeitadamente, a temperatura ambiental. Equipamentos que foron orzamentados en 12.463 euros.

O Centro Maruja Mallo é, segundo sinalou a concelleira, un dos que aglutina maior actividade e tamén a un maior número de usuarias e usuarios, “xa que a súa área de influencia alcanza a 12.000 persoas, entre a zona urbana e a rural e dispensa ao redor de 3.000 consultas ao ano, alén da atención prestada polos educadores e a animación sociocultural que se imparte”, abondou López Racamonde.

O investimento total para o conxunto das obras ascende a 21.366 euros que se suma aos 20.000 € destinados xa por Benestar nos ultimos meses ao repintado dos centros do Sagrado Corazón, María Balteira e a Casa das Asociacións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo