O centro histórico de Lugo será a ruta das andainas reivindicativas Mulleres con Forza

Este sábado terá lugar a primeira das andainas Mulleres con Forza, unha das actividades que o Concello de Lugo puxo en marcha con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o vindeiro 8 de marzo.
Así, dende Caminos con Arte organizan esta ruta cultural polo centro histórico da cidade onde se percorrerán espazos e monumentos relacionados coas mulleres que transformaron a sociedade lucense e galega ao longo da súa vida, deixando un importnate legado a nivel histórico, cultural ou científico.
As andainas terán lugar todos os sábados de marzo ás 10.00 e as 12.00 horas, saíndo dende os soportais da Casa Consistorial e durarán ao redor dunha hora e media.  Dende a organización lembran que é obrigatorio o uso da máscara durante toda a actividade e que se fará con grupos reducidos adaptados á normativa sanitaria que poderían modificarse en función da situación epidemiolóxica.
Para esta actividade é preciso inscribirse, de forma gratuita, no teléfono 010 ou no 982 297350 dende fóra de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com