O Centro Social de Abella disporá de espazos de convivencia interxeracional e conciliación familiar

A concelleira de Benestar do Concello de Lugo, Olga López Racamonde, informaba hoxe dos últimos pasos dados no proxecto de creación dun novo Centro de Servizos Sociais en Lamas de Prado, no barrio de Abella, no marco da estratexia Dusi dentro do obxectivo temático sobre o desenvolvemento de accións para fomentar a inserción laboral e reducir o risco de exclusión.

A edil anunciaba que o inmoble, que pasará a substituír ao actual centro cívico, estará ubicado en terreo municipal, nunha parcela próxima ao Centro Comercial da Abella. “Unha localización que foi elixida segundo factores socieconómicos para dinamizar e favorecer o desenvolvemento deste barrio”.

“Nestes momentos os técnicos da Universidade de Santiago de Compostela encargados da redacción do proxecto perfilan as últimas modificacións a fin de pechar o deseño definitivo do inmoble, que irá na liña do Impulso Verde, aínda que cunha envergadura menor, pero baseándose igualmente na sostibilidade e no respecto ao medio ambiente e coa madeira como fundamento principal da súa construción”, subliñou Olga López Racamonde.

“Se tratará dun Centro de Servizos Sociais de carácter polivalente no que terán cabida espazos destinados a actividades de lecer e culturais para todas as idades do ciclo vital – nenez, xuventude, adultos e terceira idade – baixo a premisa de favorecer a convivencia interxeracional e a conciliación familiar, así como a atención ao benestar propiamente dito”, engadiu a concelleira.

A responsable de área refire que contará cun equipo interdisciplinar constituído por traballadores sociais, educadores, animadores, auxiliares e conserxería, incrementándose o número de profesionais que actualmente integran o cadro de persoal deste centro “o que redundará no beneficio da poboación de referencia”, indicou Olga López quen cuantificou en 16.000 persoas os usuarios que teñen asignada esta unidade de atención primaria dos Servizos Sociais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com