O ciclo de concertos da Escola Municipal de Música amplíase durante o mes de maio

Este mes de maio as prazas de Lugo volverán ter música co ciclo de concertos que ofrecen as distintas agrupacións de alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música.

Deste xeito dáse continuidade ás actuacións dos pasados meses, organizadas conxuntamente pola Escola Municipal de Música e a asociación de usuarios deste centro, co apoio do Concello, co obxecto de levar as actividades a espazos abertos e establecer contacto coa cidadanía.

O programa deste mes de maio engloba 5 actuacións que comezan hoxe ás 18:15 horas, na Praza da Soidade co grupo de frautas. O vindeiro luns, o escenario será a Praza do Campo, que acollerá a actuación da charanga a partir das 20:30 horas, e o xoves 18, este mesmo emprazamento recibirá ao grupo de música tradicional, dende as 20:00 horas.

O xoves 25 haberá clase aberta dos grupos de clarinetes na Praza da Soidade ás 19:00 horas. A última actuación deste mes será a da Banda, que ofrecerá un concerto o luns 29, na Praza maior, ás 19:30 horas.

Estes concertos continuarán, previsiblemente en Xuño, que arrincará con clases da aula de saxofón, no Paseo do Rato, de 16:00 a 20:00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com