O colexio Otero Pedrayo de Rábade acolle a exposición ‘Manuel Rodríguez López’

O colexio Otero Pedrayo de Rábade acolle dende mañá a exposición Manuel Rodríguez López, emigrante galego – poeta obreiro que promoven Galicia Digital, a familia do escritor e o Concello de Paradela, co apoio das administracións autonómica e provincial así como a Denominación de Orixe Ribeira Sacra. A inauguración será mañá, xoves, ás 11.00 horas.

A mostra, que ven de estar no colexio Tino Grandío de Guntín, ofrécese agora ós alumnos do colexio rabadense durante a segunda quincena de marzo.

No acto de inauguración estarán presentes o alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes;  o de Paradela, José Manuel Mato Díaz; a Xefa Territorial de Cutura da Xunta de Galicia, María José Gomez Rodríguez, e o Director de Galicia Digital, Antonio Giz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo