O Comité Organizador do Congreso do PP de Lugo desestima por unanimidade a reclamación do concelleiro de Sarria

O Comité Organizador do XVII Congreso Extraordinario do Partido Popular na provincia de Lugo decidiu desestimar, por unanimidade, a reclamación efectuada por D. Manuel Sangil Iglesias. Esta decisión do Comité é inapelable e xa lle foi comunicada por carta o 24 de febreiro.

O Comité explica que o artigo 7 do Regulamento vixente desta cita congresual e os Estatutos Nacionais do Partido Popular no seu artigo 6, establecen que, “para elixir e ser elixido como compromisario e asistir con voz e voto aos distintos congresos, será necesario estar ao corrente do pago das cotas de afiliación no momento de celebración das asembleas locais”. Feitas as pescudas necesarias en relación coa situación descrita na reclamación, queda acreditado que “nunca se impediu o abono regulamentario das cotas de afiliación pendentes, sempre que se garantira a identidade e vontade dos militantes que querían acollerse a este procedemento”.

A normativa vixente en materia de financiamento dos partidos políticos establece de modo taxativo que “os afiliados deben acreditar de xeito fidedigno a intención de pagar as súas cotas e que estas achegas se realizan con este obxecto, para evitar que os ingresos poidan ser considerados doazón, condicionantes que non se daban”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com