O Concelleiro de Educación comeza unha rolda de visitas a todas as escolas municipais

O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitou no día de hoxe a escola infantil municipal Luis Soto Menor, no barrio de San Fiz. Felipe Rivas iniciou así unha rolda de visitas a todas as escolas municipais “para coñecer de primeira man a situación de cada escola e poder así planificar as actuacións da concellería”.

A escola Luis Soto Menor conta cun total de 61 prazas distribuídas en catro aulas. Para nenas e nenos de 0 a 1 anos dispón dunha aula con 8 prazas. Outra aula para nenos e nenas de 1 a 2 anos, cun total de 13 prazas e dúas aulas de 2 a 3 anos con 20 prazas cada unha, e ofrece servizo de comedor.

Axudas para material escolar

Felipe Rivas lembrou que continúa aberto o prazo para as axudas de material escolar e libros de texto das familias con baixos recursos no segundo ciclo de infantil. O concelleiro indicou que estas axudas consisten nun cheque de 100€ para gastar en librerías da cidade e que para solicitalas, as familias interesadas deben presentar a documentación no rexistro do concello, e lembrou que no caso de existir algunha dúbida sobre a documentación a presentar, poden dirixirse ás oficinas do Concello ou chamar ao 010.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com