" />

O Concello advirte envíos de comunicacións falsas en nome dos servizos municipais

A área informática do Concello de Lugo solicita á veciñanza que extreme as precaucións tras detectar nos últimos días que se estaban a producir ataques de phising ou suplantación de identidade facéndose pasar por persoal municipal. Os atacantes obteñen información dos contratos licitados polo Concello a través da Plataforma de Licitación do Estado (PLACE), para despois poñerse en contacto coas empresas adxudicatarias destes contratos.

Simulando ser persoal do Concello de Lugo, e solicitando ás empresas, por exemplo o envío de facturas; os suplantadores rexistran ao seu nome as facturas coa finalidade de que o Concello ingrese o importe nunha conta que nada ten que ver coa empresa adxudicataria.

O Concello pon esta situación en coñecemento dos veciños e veciñas, lembrándolles que deben extremar as precaucións, ao tempo que lembra que as contas empregadas polo persoal municipal teñen o dominio lugo.gal, e non chegarán dende outro.

Asemade, dende xaneiro de 2017 todas as facturas dirixidas ao concello deben ser electrónicas e remitidas a través da plataforma FACE, nunca se lles pedirán por correo electrónico. Con todo, ante a duda, o Concello recomenda poñerse en contacto telefónico co Servizo Municipal responsable da tramitación do Contrato, chamando ao 982 297 100.

Na Plataforma de Contratación do Estado (PLACE) xa figura un aviso no que alertan deste tipo de ataques.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo