" />

O Concello advirte que a Xunta entregou a documentación incompleta para solicitar a licenza do Centro de Saúde da Residencia

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, informou hoxe de que o Concello recibiu a documentación complementaria que lle requiriu ao Sergas sobre o proxecto do centro de saúde da Residencia e que os técnicos municipais a están a avaliar, pero a administración autonómica segue sen achegar a autorización de Patrimonio da Xunta, preceptiva por que o edificio do Materno Infantil está protexido. Este permiso resulta indispensable para que o Concello poida conceder a licenza para a execución das obras do centro sanitario, tal e como lembrou Piñeiro.

O edil recordou que no comité de Patrimonio Cultural no que se tratou o proxecto básico do centro integral de saúde da Residencia, celebrado hai case un mes, este organismo informou desfavorablemente a solución proposta pola Xunta para a fachada central do centro de saúde porque modifica a estética xeral do edificio e a súa forma. Esta cuestión débea corrixir no proxecto completo que ten que presentar, para que, de novo e de maneira definitiva, Patrimonio volva a informar. Sen este informe último de Patrimonio, o Concello non pode dar licenza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo