" />

O Concello “agarda” que a Xunta autorice o acondicionamento da vía de Castelo de Arriba ao Hula

O Concello de Lugo vén de anunciar que remitiron á Dirección Xeral de Patrimonio o proxecto para acondicionar a vía de Castelo de Arriba, na parroquia de Castelo.

“Ao coincidir un tramo desta vía co percorrido do Camiño Primitivo, debemos obter a autorización de Patrimonio para poder intervir nesta rúa”, indicou o edil titular da área de Infraestruturas Urbanas.

“Esta rúa é usada a diario por moitas persoas para chegar ao HULA, ademais de polas veciñas e veciños da zona”, indicou o concelleiro, que engadiu que “unha vez Patrimonio autorice a actuación comezaremos o proceso de adxudicación”.

O edil sinalou “estamos actuando en zonas nas que foi moitos anos que non se fan intervencións para mellorar a calidade de vida das  veciñas e veciños, que agradecen moito que dende o concello se lles teña en conta”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo