O Concello aproba 11 licenzas urbanísticas

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou esta mañá once licenzas urbanísticas por valor de 645.426 euros. Neste conxunto, están incluídas a instalación de dous ascensores, un nun edificio na rúa Concepción Arenal, por valor de 77.058 euros, e outro en Eduardo Pondal por 43.567 euros.

Ademais, deuse luz verde á rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en construción, en Seoane (San Xoan do Alto), cun prazo de execucion de 30 meses e un orzamento de 229.035 euros; ás obras de conservación e mantemento dunha vivenda unifamiliar, na rúa Acacía, cun orzamento de 80.257 euros; a reparación e reforzo dunha fachada e revestimento exterior nun edificio da Avenida da Coruña por valor de 138.712,68 euros; á rehabilitación dunha cuberta na rúa Camiño de Sisulfes, de 19.044 euros; unha mellora de almacén para apeiros agrícolas, sito en Silva (San Xoán do Campo) por 6.994 euros; a construción dun alpendre para gardar aperos e útiles agrícolas, cunha superficie de 84 m2 en As Varadas, cun presuposto de obra de 20.520 euros, e a unha reforma de nave de uso industrial, composta de planta baixa, na rúa Antonio Eleizegui López, do parque empresarial As Gándaras por valor de 15.039,68 euros.

Ademais, procedeuse a legalización de obras xa executadas de sustitución de porta de acceso de vehículos e colocación de porta peatonal, modificando a fachada, para o garaxe a implantar na planta baixa dun edificio sito na rúa Ourense, cun orzamento que ascende a 2.614 euros, e á solicitude de licenza urbanística para obras de conservación e mantenemento no presbiterio e sacristía da capela da Soidade, cun presuposto de 12.583 euros.

Por outra banda, aprobouse a licitación do equipamento para dotar ao Concello de Lugo dun novo Centro de Proceso de Datos (CPD) de respaldo, para o que destinará unha partida de 507.555 euros. O CPD é o espazo onde se concentran os recursos necesarios para o procesamento de toda a información relativa aos diferentes servizos que presta a administración local.

A licitación inclúe o suministro, configuración e instalación do equipamento necesario para poñelo en funcionamento, así como o seu mantemento por un período de dous anos. Esta iniciativa enmárcase na estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible DUSI Muramiñae, financiada ao 80% con fondos europeos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com