O Concello aproba a instalación de 25 pantallas dixitais que substitúan aos reloxos-termómetro

A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá os pregos para a instalación de entre 20 e 25 pantallas informativas polas rúas da cidade. Ademáis da publicidade e a información horaria, que tiñan os anteriores reloxos-termómetro, as novas pantallas deberán dar información sobre os aparcadoiros públicos, información municipal, horaria, data e temperatura e avisos de interese da administración local.

Os 11 reloxos termómetro que había nas principais prazas da cidade, foron retirados pola antigua adxudicataria no pasado mes de setembro e, o goberno de Lara Méndez, esperaba licitar estas novas pantallas de inmediato segundo retiraran as vellas, o que non foi posible. Hoxe, a Xunta de Goberno aprobou estes pregos que establecen un contrato de 10 anos prorrogable ata 15 e un valor total estimado de preto de 2 millóns de euros.

Terase especial coidado coa elección das materias primas podendo, ao longo da consesión, presentar solucións que melloren tecnolóxica ou funcionamente os modelos, que melloren o rendemento enerxético. Os dispositivos ofertados deberán contar con conectividade que permita a súa xestión remota e o módulo ifnormativo incluirá unha pantalla dixital, a dobre cara, en cor, cunha tecnoloxía que permita unha visualización de calidade. A temperatura, e outros valores presentados, serán locias e puntuais, correspondentes a cada localización onde estea situado cada dispositivo.

O prazo de presentación de proposicións será de quince días naturais dende a publicación do anuncio de licitación no Perfil do Contarante do Concello de Lugo, aloxado na Plataforma de contratación do sector público. Para a adxduciación terase en conta, ademais da oferta economica máis favorable, criterios como as características técnicas, o mantemento, a xestión de contidos ou a districbución dos dispositivos; así como criterios ligado ao uso (porcentaxe de espazo publicitario dedicado ao Concello e número de campañas específicas ofertadas ao Concello).

Tal e como explicou o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, trátase dunha contratación que permitirá ofrecer máis e mellor información á veciñanza e a visitantes, pasando das 11 pantallas anteriores ata as 25 que contempla este contrato. É ademais un paso máis do Concello na modernización da imaxe de Lugo; pois os paneis anteriores, retirados en setembro, estaban obsoletos, limitándose a proporcionar só datos de hora e temperatura.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com