O Concello aproba a ocupación efectiva da obra de rehabilitación do Vello Cárcere

A Xunta de Goberno Local acordou este mércores proceder á ocupación efectiva da obra de rehabilitación do Vello Cárcere. Así o informou o voceiro municipal, Miguel Fernández, quen explicou que se realiza dita ocupación, sen prexuízo de que, á vista da acta de comprobación na que se fan constar unha serie de deficiencias e para o cal hai un prazo de 10 días para a súa subsanación, o Concello proceda á recepción formal da obra, unha vez terminada.

A continuación, o Concello acometerá as obras suplementarios de rehabilitación do Vello Cárcere, adxudicadas en Xunta de Goberno do pasado 24 de agosto por 84.600 euros. As obras consistirán na colocación dunha varanda na planta alta do edificio porque non foi posible levantar a cornisa como inicialmente estaba previsto, dado que a estrutura non era de pedra e non era consistente, así como na instalación dunha plataforma elevadora no escenario do auditorio diferente á inicialmente prevista porque un cambio normativo esixe outra estrutura con máis automatismos.

Fernández tamén avanzou que na sesión deste mércores, deuse luz verde ao convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación para a execución do proxecto Lugo+Biodinámico, financiado con fondos do plan LIFE, que permitirá a Lugo desenvolver novidosas actuacións en favor dun urbanismo sostible e dun mellor aproveitamento da riqueza forestal. O convenio terá unha vixencia ata o 30 de xuño de 2020.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com