O Concello aproba as ordenanzas fiscais reguladoras das terrazas e dos prezos de comedores escolares

Os grupos da oposición do Concello de Lugo, apoiaron coa sua abstención dous propostas do goberno local en relación á ocupación especial da vía pública, e aos comedores escolares.

A primeira, falaba da modificación da ordenanza fiscal 152, reguladora dos aproveitamentos especiais da vía pública por guindastres, materiais de construción e terrazas. Este cambio vén dado, como así lle fixeron recordar os distintos grupos da opisición á Concelleira de Economía, Ana Prieto, a raíz dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por non carecer o goberno local dun parámetro que fixera adecuado o estudo de costes destas ocupacións.

Por outro lado, e no mesmo debate, se falou da implantación da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de comedores escolares que asumirá o Concello de Lugo, aínda sendo unha competencia da Xunta de Galicia.

Neste senso, a Alcaldesa, Lara Méndez, subliñou, unha vez rematado o debate, que esta medida é froito “dunha decisión política”. “A Xunta non quixo asumir a súa competencia, e ante esta situación, o Concello non quixo deixar aos nenos e nenas da nosa cidade sen comedor, aínda tendo que asumir unha competencia impropia e tendo que aprobar unha ordenanza de mínimos”, afirmou.

Pola súa banda, Ana Prieto, asegurou que “aínda non sendo as mellores ordenanzas para cada un dos grupos municipais, son unhas boas ordenanzas, que estamos dispostos a seguir mellorando na mesa de traballo sobre estas normas fiscais”.

A pesar do seu apoio, ACE-EU criticou que o concello incumpra  un acordo plenario de fai un ano, ignorando a finalidade principal da ordenanza de comedores, que fóra proposta do grupo mixto, segundo explicou Carlos Portomeñe, e cuxa idea inicial era a de impoñer os prezos en progresión segundo a renda familiar. Esta mesma razón deron os demáis grupos da oposición para non votar a favor desta ordenanza e pediron, en reiteradas ocasións, que se modificaran estas ordenanzas pronto.

En canto a esto, a Concelleira de Economía explicou que non se implantou a progresividade pola falta de “recursos técnicos e humanos”, subliñando que “ningunha familia se quedarán sen servizo de comedor por falta de recursos económicos, pois a Concellaría de Benestar Social contempla unha contía económica para facilitar a prestación a quen o precise”.

Prieto indicou que ningunha grande cidade de Galicia conta con ordenanza de comedores, aínda que prestan este servizo, e resaltou que a elaboración contou co asesoramento dunha nutricionista para que os alimentos sexan axeitados ás necesidades nutricionais dos nenos e nenas, e que o texto elevado hoxe a Pleno conta co visto bo da Federación de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (FAPACEL), quen se encargaba de dar este servizo nos colexios públicos e que fixo aportacións ao mesmo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com