O Concello colabora coa Asociación de Hostaleiros de Fontiñas para potenciar o San Xoán cunha feira de artesanía esta fin de semana

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a presidenta da Asociación de Hostaleiros de Fontiñas, Tamara Seguín, e o coordinador da organización, Anxo Fernández, presentaron este xoves no Salón de Plenos a I Feira de Artesanía San Xoán nas Fontiñas, unha nova iniciativa lúdica impulsada polo colectivo hostaleiro co apoio do Concello para dinamizar o barrio e potenciar esta festividade. No acto de presentación participaron tamén a secretaria e o tesoureiro da asociación, Elena López e Antonio Rodríguez, respectivamente.

A I Feira de Artesanía San Xoán terá lugar esta fin de semana, dende mañá ao domingo, en horario de 11:00 a 15:00 e de 18:00 a 23:00 horas, e contará con 50 postos de artesanía e alimentación, ademais de obradoiros, demostracións, música, actividades infantís e unha sardiñada.

A Alcaldesa felicitou á Asociación de Hostaleiros de Fontiñas por “seguir impulsando e dinamizando un barrio con identidade propia, e polo tanto a cidade de Lugo” con este certame. “Os 50 postos cos que contará nesta primeira edición auguran un bo futuro”, subliñou Lara Méndez, quen resaltou a organización de obradoiros e demostracións no marco da feira para “darlle máis vida”. A rexedora subliñou así mesmo que o evento “poña en valor un sector como o artesán, moi importante na cidade, que xera actividade económica, ben como actividade única ou como complemento aos ingresos da unidade familiar, e que tamén nos identifica como pobo”.

Os postos ofrecerán bisutería, prata, azabache, arame, téxtil, xabóns, madeira de olivo, coiro, cinturóns, velas, acuarelas, tarot, corona de lores, xoguetes de madeira, alpargatas, ambientadores naturais, aceites esenciais, aloe vera, perlas, cornos, especias, caramelos, garrapiñadas, xeados artesáns, embutidos lucenses e ibéricos, queixos, creps, e panaderías. Tamén se celebrarán varios obradoiros artesáns.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com