" />

O Concello comeza a envíar os recibos do imposto de circulación

O Concello de Lugo comezou hoxe a xirar o recibo do imposto de circulación, coincidindo coas datas establecidas no calendario fiscal.

Segundo consta no servizo de Facenda Local, este 2022 figuran matriculados no municipio un total de 73.100 vehículos (863 máis que o ano anterior) que tributarán ás arcas municipais 5.781.179 euros, o que converte ao IVTM no segundo imposto municipal máis cuantioso, logo do IBI.

O período voluntario para proceder ao seu abono remata o 20 de outubro e convida á cidadanía a informarse das bonificacións existentes que rebaixan considerablemente a cota do gravame, entre outros, aos automóbiles menos contaminantes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo