" />

O Concello concederá unha nova licenza para un hotel na rúa do Miño

A Xunta de Goberno Local autorizará mañá a reforma dun edificio na rúa do Miño como establecemento hoteleiro para apartamentos, tipo estudio, con categoría de dúas estrelas.

A actuación, unha das máis destacadas dentro da orde do día da sesión que o executivo celebrará esta semana, dispón dun orzamento de 270.260 euros e contará cun prazo de execución de 36 meses.

Este mércores, ademais, se aprobarán outras 8 licenzas para diferentes intervencións urbanísticas que, no seu conxunto, suporán a mobilización dun capital superior aos 800.000 euros e que terán unha repercusión directa non só na dinamización ecónomica da cidade senón tamén, de forma específica, na rexeneración do Casco Histórico.

Así, entre elas figura a reforma dunha fachada na Praza do Campo (7.982 €) e o acondicionamento da planta baixa dun inmoble en Alcalde Anxo López Pérez para destinalo á actividade inmobiliaria (166.397 €).

Igualmente se validará a rehabilitación de varias vivendas nas parroquias de San Pedro de Soñar (100.000 €), Piugos (90.452 €) e Rubiás (77.161 €) así como a substitución dun ascensor e a instalación doutro en sendas edificacións da rúa Erín (44.915 €) e Ramón Montenegro ( 52.916 €), respectivamente.

Por outra banda, a Xunta de Goberno adxudicará á empresa Francisco Gómez y Cía S.L os traballos de mellora do firme na estrada municipal de A Silva ao límite do Concello de Guntín, na parroquia de Piñeiro, por valor de 105.822 euros. As obras, incluídas dentro do Plan Provincial Único de Cooperación, se acometerán no prazo dun mes.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Pedro Díaz
    Mar 02, 2021 - 05:26 PM

    Sería interesante saber el tiempo de trámite administrativo que tienen cada una de esas licencias.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo