O Concello conmemora o Día da Natureza cun concurso de debuxo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou hoxe un novo concurso de debuxo que vai poñer en marcha o Concello, enmarcado dentro da Estratexia DUSI de Lugo, denominada Muramiñae, da Muralla ao Miño, financiada ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER); co fin de involucrar á infancia na importancia dun desenvolvemento urbano sostible e conciencialos sobre a necesidade de coidar o medio ambiente.

Concretamente, o certame versará sobre unhas tarefas que se farán posibles grazas a esta estratexia e estes fondos FEDER procedentes da Unión Europea: a descontaminación no barrio do Carme, unha actuación que comezará nas vindeiras semanas e que consiste en eliminar os verquidos non controlados existentes na zona.

Trátase, pois, duns traballos que mellorarán a calidade ambiental e a estética da cidade e cos que se axudará a protexer o patimonio natural de Lugo. Este certame educativo de debuxo está dirixido ao alumnado de primaria dos colexios do municipio de Lugo e lánzase aproveitando a conmemoración do Día Mundial da Natureza, unha celebración para lembrar a necesidade de combater os ataques contra o medio ambiente.

Tal e como recollen as bases, admitirase un máximo dun debuxo por persoa participante, que ten liberdade para utilizar a técnica que desexen. Valorarase a orixinalidade e calidade do debuxo. Os traballos deben presentarse no modelo oficial do concurso que facilita o Concello, na Oficina EDUSI do Concello, antes do 5 de abril. Os mellores debuxos serán recoñecidos cun diploma e un agasallo.

O xurado estará integrado por un técnico/a de EDUSI, outro da área de medio ambiente, outro da aréa de eduación e un profesional das artes plásticas. O xurado decidirá o traballo gañador antes do luns, 22 de abril. Os premios entregranse o Día de Europa, unha data importante para trasmitir información sobre a política rexional comunitaria en España.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com