O Concello converte a Muralla no símbolo da fortaleza das mulleres co acendido do monumento en violeta

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, xunto a outros membros da Corporación, asistiron hoxe na Mosqueira ao acendido do alumeado da Muralla en cor violeta para dar a benvida, como cidade de acollida, ao movemento feminista de toda Galicia que se manifestará en Lugo pola igualdade os días 3 e 8 de marzo con motivo do Día da Muller.

Ademais das luces, proxéctase no monumento a marca cidade Mulleres con Forza, creada polo Concello de Lugo, coa que se simboliza na Muralla a fortaleza da muller na súa loita pola igualdade de xénero. O acendido e a proxección será todos os días ás 20.00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo