O Concello convia a deportistas lucenses a concorrer ás subvencións municipais

A área de Deportes informa de que, tanto as persoas con talento deportivo así como as entidades sen ánimo de lucro que traballan na promoción e fomento da actividade física no municipio de Lugo, poden concorrer, ata o vindeiro luns 16 de decembro, ás subvencións municipais convocadas neste eido, logo de que o pasado sábado, 30 de novembro, saíran publicadas as bases das mesmas no Boletín Oficial da Provincia.

Con relación ás axudas individuais, estas van dirixidas a tódalas persoas deportistas con talento que, ao longo do ano anterior á publicación destas bases, destacaron pola súa participación en eventos deportivos con resultados relevantes, tanto a nivel autonómico como nacional, co fin de apoiar a práctica e mellora do rendemento deportivo nas respectivas modalidades, así como os gastos derivados do necesario reforzo académico. Poden pedilas, deportistas afeccionado/as, nado/as entre o 2000 e o 2005 inclusive, e sen límite de idade para o/as deportistas con discapacidade. O Concello de Lugo destina unha partida de 26.000 euros para este concepto.

En canto ás subvencións para entidades sen ánimo de lucro que teñen dentro do seu cometido a promoción e o fomento da actividade física, poderán solicitalas aqueles colectivos que durante o exercicio económico de 2019 desenvolveron programas ou actividades en beneficio público neste ámbito. Para esta modalidade o departamento de Deportes consignou un total de 143.314’75 euros.

Toda a información relativa á documentación requirida para participar no proceso pódese atopar na páxina web do Concello: http://lugo.gal/gl/concelleria/deportes-e-medio-rural e tamén no BOP número 275 do 30 de novembro: http://www.deputacionlugo.gal/es/node/72680Sendo preciso entregala no Rexistro Municipal como data límite o próximo luns, 16 de decembro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com