" />

O Concello da Fonsagrada quere despedir aos traballadores do GES que tivo que readmitir por sentencia

O Concello da Fonsagrada quere volver despedir, mediante un ERE, aos traballadores do GES, logo de que se vira na obriga de readmitilos por sentencia xudicial.

Ante esta situación a CIG lembra que “as plantillas dos GES son costeadas ao 100% entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, polo que non supón  ningún costo para o Concello. “De feito só en toda Galiza o Concello da Fonsagrada non renovou o convenio, dándose a paradoxo de que non vai ter o servizo e sen embargo lle vai ter un custo de arredor de 120000€, un custo exclusivamente atribuíble a un capricho e unha xestión neglixente do goberno municipal”.

A central sindical continúa, “se para defenderse dos despidos o alcaldes dilapidou 16000€ +IVE na contratación dun avogado estrela, desta vez para tramitar o ERE acude á asesoría xurídica da Deputación, estando así o Concello e Deputación á vangarda na aplicación da Reforma Laboral do PP”.

A CIG tamén lle parece grave “a xestión da tramitación do ERE, feito con absoluta alevosía e nocturnidade, ocultándolla aos traballadores afectados e xestionada con irregularidades na súa tramitación, o que provocou que a propia Xunta de Galicia se dirixise ao Concello advertindo das irregularidades, tales como non especificar cal é a comisión negociadora do ERE, contradicións na relación da plantilla municipal, ou o comezo de reunións negociadoras antes de comunicar o inicio do expediente ante a autoridade laboral”.

O sindicato nacionalista quere tamén denunciar “a complicidade da Representación Legal dos Traballadores do Concello da Fonsagrada, constituída por representantes da UGT e CCOO, quen supostamente estiveron a negociar un ERE sen comunicar nada aos traballadores afectados polo mesmo”.

Desde a CIG instan ao Concello da Fonsagrada a que “recapacite e volva á normalidade asinando o convenio dos GES e dando traballo aos traballadores despedidos, e que dunha vez por todas deixe de andar a manobrar con falcatruadas que resultan ser ilegais e cuxo custo teñen que asumir todos os veciños e veciñas do concello”.

O Concello da Fonsagrada quere volver despedir, mediante un ERE, aos traballadores do GES, logo de que se vira na obriga de readmitilos por sentencia xudicial.

Ante esta situación a CIG lembra que “as plantillas dos GES son costeadas ao 100% entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, polo que non supón  ningún costo para o Concello. “De feito só en toda Galiza o Concello da Fonsagrada non renovou o convenio, dándose a paradoxo de que non vai ter o servizo e sen embargo lle vai ter un custo de arredor de 120000€, un custo exclusivamente atribuíble a un capricho e unha xestión neglixente do goberno municipal”.

A central sindical continúa, “se para defenderse dos despidos o alcaldes dilapidou 16.000€ +IVE na contratación dun avogado estrela, desta vez para tramitar o ERE acude á asesoría xurídica da Deputación, estando así o Concello e Deputación á vangarda na aplicación da Reforma Laboral do PP”.

A CIG tamén lle parece grave “a xestión da tramitación do ERE, feito con absoluta alevosía e nocturnidade, ocultándolla aos traballadores afectados e xestionada con irregularidades na súa tramitación, o que provocou que a propia Xunta de Galicia se dirixise ao Concello advertindo das irregularidades, tales como non especificar cal é a comisión negociadora do ERE, contradicións na relación da plantilla municipal, ou o comezo de reunións negociadoras antes de comunicar o inicio do expediente ante a autoridade laboral”.

O sindicato nacionalista quere tamén denunciar “a complicidade da Representación Legal dos Traballadores do Concello da Fonsagrada, constituída por representantes da UGT e CCOO, quen supostamente estiveron a negociar un ERE sen comunicar nada aos traballadores afectados polo mesmo”.

Desde a CIG instan ao Concello da Fonsagrada a que “recapacite e volva á normalidade asinando o convenio dos GES e dando traballo aos traballadores despedidos, e que dunha vez por todas deixe de andar a manobrar con falcatruadas que resultan ser ilegais e cuxo custo teñen que asumir todos os veciños e veciñas do concello”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo