" />

O Concello da luz verde á Xunta para comezar a demolición do antigo Hospital Xeral

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo ven de aprobar a solicitude de licenza da Xunta de Galicia para a demolición do vello Hospital Xeral. Para elo, a administración autonómica conta cun prazo de execución de 18 meses e máis de 2,3 millóns de euros.

O voceiro do goberno local, Miguel Fernández, deu esta nova hoxe asegurando que os socialistas están comprometidos co barrio e pedindo á Xunta que teñan a mesma celeridade para comezar os traballos no Centro Integral de Saúde que demostraron para a demolición do Xeral. Fernández explicou que a Consellería aínda ten pendente de entregar no Concello o proxecto concreto para este centro sanitario.

Noutro senso, Fernández presentou a gala de entrega de premios do Corre Con Nós que terá lugar o vindeiro domingo ás 19.00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, na que serán premiados máis de 120 atletas. Unha gala que, asegurou, estará cargada de sorpresas e cun homenaxe a unha gran figura do atletismo lucense, como é Daniel Aguiar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo