O Concello dará formación e apoio integral para a creación de novas empresas

Emprendedores de Lugo poderán recibir apoio integral para crear con éxito novas empresas grazas ao espazo coworking que se habilitou no Centro de Empresas e Innovación (CEI-NOUS), no marco dunha actuación impulsada conxuntamente polo Concello e a Escola de Organización Industrial (EOI), coa cofinanciación do Fondo Social Europeo (FSE).

O programa terá lugar nas instalacións do CEI-NODUS durante dous anos e prevese que haberá catro convocatorias sucesivas que se desenvolverán ao longo de 5 meses cada unha. Beneficiaranse uns 22 proxectos por convocatoria, de calquera tipo de sector, premiándose o cooperativismo e proxectos levados a cabo por colectivos vulnerables, participando en total nesta iniciativa uns 88 proxectos, nos que poderán tomar parte unhas 260 persoas, dado que cada proxecto pode atender a 3 persoas.

A presentación do espazo coworking tivo lugar este luns, no Salón de Plenos, nun acto no que participaron a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o director de Iniciativa Emprendedora, Innovación e PEMES da EOI, Miguel Sánchez, e o que será o mentor residente-coordinador dos proxectos lucenses, Roberto Touza, que coincidiron en destacar a importancia da cooperación entre administracións e organizacións para darlle un impulso ao emprendemento, proporcionándolles a todos os emprendedores os recursos precisos para que o seu proxecto sexa solvente, tanto espazos de traballo, como formación ou titorización. Así mesmo, ambos os tres coincidiron en chamar á participación nesta iniciativa, que consiste nun acompañamento paso a paso para lazar un proxecto con garantías de futuro.

Durante o acto de presentación, a rexedora enxalzou a figura do emprendedor, “que deberíamos chamalo heroe”, ben sexa por necesidade, o 73,5% dos emprendedores, ou por oportunidade, o 24,8%. “De todas formas, independentemente de por necesidade ou oportunidade, o que está claro é que o Concello e EOI temos que garantir ese éxito e axudar a ese emprendedor”, subliñou Lara Méndez, quen puxo en valor a importancia da actividade que levan a cabo os emprendedores e as PEMES, que xeran preto do 70% do emprego do país, o que os sitúa como principal motor da economía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com