O Concello de Lugo abriu a convocatoria para participar no Mercado de Nadal, que se instalará na Praza Maior entre o 4 de decembro e o 5 de xaneiro. O espazo contará con 20 casetas de madeira destinadas á venda de produtos artesáns, artigos propios destas datas e propostas de hostalaría local.
A participación será gratuíta e as persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 30 de novembro. A distribución dos postos realizarase mediante un sorteo público o 1 de decembro, ás 12.00 horas.
A convocatoria pretende facilitar a presenza de profesionais do sector artesán e da hostalaría nun espazo comercial e de encontro durante as festas do Nadal, incorporando así unha nova actividade á programación destas datas na cidade.
As bases e o formulario de solicitude poden consultarse na web do Concello de Lugo.






