O Concello de Guitiriz négase a readmitir ao traballador despedido do GES

Despois de que o Xulgado do Social Nº 2 de Lugo declarase nulo o despido dun traballador do GES de Guitiriz, o Concello non readmitiu ao mesmo, tal e como obriga a sentenza, amparándose en que a recurriu perante o TSXG. Non obstante, o feito de presentar recurso non exime da obriga de readmitir ao traballador.

Así o explicaba este mediodía a CIG, a través dun comunicado no que conta como, diante deste novo incumprimento do Concello o traballador viuse na obriga de presentar ante o xulgado un escrito de execución da sentenza, e unha vez citadas as partes o Xulgado decretou un auto no que obriga ao Concello a pagarlle o salario ao traballador desde a data da sentenza (17 de Abril de 2018) ate que finalice a tramitación do recurso de suplicación presentado polo Concello, se ben o traballador queda exonerado da prestación de servizos debido a que así o quixo o Concello.

Polo tanto, e segundo explica o sindicato, “o Concello decide pagarlle ao traballador e que este non traballe, nunha decisión caprichosa e que carece de todo sentido, eso si, cargando o custo económico ao peto de todos e todas as veciñas do Concello de Guitiriz”. Esta decisión resulta todavía “máis imprescindible” cando no servizo do GES, que
 é de carácter suprmunicipal e que atende emerxencias nos Concellos de Guitiriz, Begonte, Friol e Xermade traballan na actualidades ó 7 operarios, cando o servizo é de 12 operarios.

“A alcaldesa de Guitiriz antepón o seu capricho e o seu orgullo ás necesidades dos vecinos non só do seu Concello, senón de tres concellos máis, e continua a debilitar un servizo de primeira necesidade para a poboación como é o de
emerxencias”, denuncian dende a CIG, que aproveitan para “convidar á alcaldesa a que volva á legalidade e á normalidade, a que cumpra coas resolución xudiciais, e mesmo a que readmita ao traballador polo ben do servizo de emerxencias”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com