" />

O Concello de Lugo colabora coa Asociación Manaia nunha xornada sobre a adopción este sábado

A edil de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, xunto con Begoña Vázquez Rubio e Antón Mouriz Fernández, ambos representantes de Manaia, a Asociación Galega de Axuda á Adopción, presentaron esta mañá as actividades que se desenvolverán o vindeiro día 25 nunha xornada informativa sobre a adopción.

Segundo afirmou o coordinador deste proxecto en Galicia, Antón Mouriz, a xornada comezará cunha charla coloquio no salón de actos do Centro de Convivencia Maruja Mallo, onde dous adultos explicarán as súas vivencias como nenos adoptados e compartirán a súa experiencia persoal no tocante a temas como a construcción da identidade, a procura de orixes ou o sentimento de abandono. Os dous ponentes serán o presidente e a secretaria da asociación La Voz de Los Adoptados.

Para continuar a xornada as dúas e media da tarde, no parque infantil de tráfico de Frigsa haberá un picnic onde se compartirán os alimentos que cada un leve.

Por último, dende as catro da tarde e no mesmo parque de tráfico, se sucederán tres obradoiros para diferentes idades. O primeiro deles será para un público infantil de 3 a 12 anos no que os protagonistas lles contarán aos nenos a súa historia. No segundo obradoiro, para adolescentes entre 12 e 18 anos, se lle dará resposta ás cuestións que cada rapaz teña, de forma anónima, e compartirán as súas experiencias con outros adoptados. Para rematar, o obradoiro final irá adicado a pais e nais e traballarán dun xeito máis persoal as inquedanzas dos familiares sobre o sentimento dos adoptados.

Asemade, durante toda a xornada contarase cun servizo de ludoteca de balde para que todo aquel que participe nas actividades poida deixar aos nenos menores de tres anos. Para este servizo é necesario enviar un correo confirmando a asistencia a manaia@manaia.es.

Ademáis, con este proxecto, Manaia achégase ás familias lucenses o terceiro martes de cada mes, facendo diferentes actividades e dándolles o asesoramento que precisen no Centro de Convivencia Maruja Mallo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo