O concello de Lugo inicia os cursos de verán no Parque Infantil de Tráfico

O edil que asumirá as responsabilidades de Educación e Difusión do Coñecemento no Concello de Lugo, Felipe Rivas, mantivo unha xuntanza co director do Parque Infantil de Tráfico (P.I.T.), José Luis Machado, para coñecer os pormenores dos cursos de verán que se desenvolverán durante o mes de xullo. Segundo informou o responsable do P.I.T., máis dun cento de nenos participarán nos cursos  que se desenvolverán en horarios de mañá e tarde. Os cursos estarán impartidos polo monitor Jesús Losada e polo director do P.I.T., José Luis Machado.

Os cursos serán semanais con quendas de mañá, entre as 10:30 e as 13:00 horas, e tarde, entre as 17:30 e as 20:00 horas. Celebraranse nas instalacións do  Parque Infantil de Tráfico no Parque da Milagrosa e terán un parte teórica e outra parte práctica. Na parte práctica, as nenas e nenos poderán practicar en bicicleta e kart. Tamén haberá unha quenda especial para ciclomotor. Serán un total de 105 participantes, divididos en 7 quendas e as idades van dende os 8 aos 16 anos.

A programación, amplamente consolidada no calendario das familias de Lugo, está organizada polo Concello coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico, co obxectivo de que os nenos e nenas adquiran condutas e comportamentos seguros, ben sexa como peóns ou como persoas usuarias tanto do transporte público como privado

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo