O Concello de Lugo presenta a campaña en colaboración coa DXT do programa de prevención de atropelos

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola Coordinadora de Educación Vial, Sara Fuenteseca, e o axente da Policia Local, Jorge San Miguel, presentaron a campaña en colaboración coa DXT do programa de prevención de atropelos, especialmente incidindo nas persoas da terceira idade.

As charlas comezan mañá xoves 12 de febreiro no Centro de Dinamización de Coeses  para os veciños da zona. A campaña realizarase en cinco centros da zona rural.
Escoitamos a López Orozco:


Tamén o voceiro do Goberno Local, Luís Álvarez, deu conta esta mañá dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.
Destacou estre outros puntos, a concesión da licenza para a instalación dun ascensor no edificio sito na rúa Narciso Peinado.

De igual xeito acordouse incautar a garantía definitiva por importe de preto de 78.000 euros, para arranxar os desperfectos que presentan as instalacións do Museo Interactivo de Historia de Lugo.
Asemade, o voceiro do goberno local e concelleiro de Urbanismo, criticou con dureza as declaracións feitas onte pola edil popular Isabel Devesa, nas que propoñía reducir os prazos das licencias para obras de accesibilidade no referente ás barreiras arquitectónicas.
Escoitámolo:

Noutra orde de cousas, Álvarez respostou ás declaracións dos populares, que criticaban que a reunión celebrada este mediodía para revisar o 5% pendente de aprobación do PXOM, se celebre a tan so dous meses das vindeiras eleccións municipais.

O voceiro municipal, recordou aos populares que foron eles os que levan dous anos pedindo esta reunión, e aínda que recoñeceu que estamos en precampaña,  afirmou categóricamente que a reunión non responde a cuestión deste tipo, se ben é certo, que despois de dous anos, calquera podería pensar que así é.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com