O Concello de Lugo recibiu esta mañá a un grupo de profesores e alumnos de Turquía, Polonia, Italia e España que están levando a cabo un proxecto conxunto, promovido pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA), dentro do marco educativo europeo Erasmus Plus.
A súa visita a Lugo coincidiu coa celebración dun concurso de robótica entre os alumnos dos centros dos profesores participantes no proxecto e os alumnos do CIFP Politécnico da cidade. O certame celebrase baixo o título ‘Uso dun simulador para programación en robótica’ e ten como obxetivo achegar aos estudantes á robótica industrial.