" />

O Concello de Lugo reformará o Centro Cívico Uxío Novoneyra

O executivo local aprobará maña na Xunta de goberno local as obras de reforma dos locais do segundo andar do Centro Cívico Uxío Novoneyra por valor de preto de 69.000€ ( 68.913,36 €), informado favorablemente polos Servizos de enxeñeira e arquitectura municipais, cun prazo dun mes . “Esta obras, teñen como fin poñer unha instalacións acaídas ás necesidades dos usuarios e das traballadoras e traballadores do concello.

As obras de rehabilitación consistirán en proxectar tres despachos novos, que sumados aos existentes farán un total de 6 despachos. Isto fará que estará todo o persoal no mesmo andar, o que implicara unha mellora tanto para á cidadanía como para os traballadores Mellórase así mesmo a seguridade do persoal laboral grazas á compartimentación e segmentación de usos e áreas. Tamén se habilitará unha zona de reunión para os traballadores do centro.

O complexo tamén disporá de sala de espera, máis ampla, garantindo as distancias de seguridade para os e as usuarias, e como novidade disporán dunha zona de lectura e un habitáculo para os ordenanzas e un almacén. As obras de reforma dos locais do segundo andar do Centro Cívico Uxío Novoneyra teñen como obxectivo: • Procurar que os espazos físicos para atención á cidadanía, reúnan as condicións adecuadas para poder garantir a seguridade e dotar aos centros de salas de espera dignas.

Tamén se mellorarán as condicións de accesibilidade coa supresión de barreiras arquitectónicas, de tal forma que permitirá ás persoas con mobilidade e comunicación reducidas o acceso e a circulación polo edificio.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo