" />

O concello de Lugo responde ás denuncias do PP ante o retraso das obras de Casás

O Concello de Lugo, respondeu onte á tardiña á denuncia que o Grupo Municipal popular fixo ante a tardanza nas obras de remodelamento do barrio de Casás. O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, afirmou que é o Partido Popular o que non supervisa estas obras correctamente, xa que, segundo asegura o edil socialista, as obras xa deron comezo, pero no núcleo do antigo barrio de Casás; “se hai meses o Partido Popular prentendía asfaltar terreos privados en Noriega Varela, agora, con profundo descoñecemento do barrio de Casás, visita a rúa Orquídea, que é onde terminan as obras, olvidándose do inicio, que está no núcleo antigo do barrio de Casás”, explicaba Manuel Núñez.

Segundo asegura Núñez, “se o PP se preocupara minimamente por coñecer o proxecto de obras nesta zona, sabería que é precisamente no antigo núcleo de Casás onde se realizan os traballos de substitución da rede de saneamento e abastecemento”, afirmou Núñez, ao tempo que avanzou que unha vez repostas as canalizacións, procederase, ao asfaltado de todas as vías obxecto do contrato, rematando na rúa Orquídea.

Dende o pasado xoves, 9 de febreiro, estanse a realizar zanxas en todo o barrio antigo para realizar baipás en superficie, o que permite realizar a obra sen interromper o suministro ás vivendas afectadas pola renovación do abastecemento e do saneamento, ademáis ao terminares, o Concello de Lugo conta con canalizar as augas de dúas fontes que proveñen de terreos de labor.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo