O Concello de Mondoñedo presenta o cartel do Entroido 2017

O Goberno local de Mondoñedo presenta o cartel anunciador do Entroido 2017, que se celebrará o sábado 4 de marzo.  A artista da localidade, Irma Loureiro, foi a encargada de deseñar unha obra que inclúe elementos representativos da localidade, como son o rosetón ou unha torre da Catedral, así como a coroa do escudo.

O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García, subliñou o interese do concello en promocionar “os nosos artistas locais e contribuír a que todos os coñezan, de aí que optamos por encargar o deseño do cartel á pintora mindoniense”. Así, García quixo agradecer o “gran traballo” da artista, que cada ano, é a encargada de deseñar as bases para a creación das alfombras florais que se confeccionan para Corpus.

 Un Entroido con novidades

Durante a presentación do cartel, Alberto García adiantou tamén que o programa do desfile do Entroido para este ano 2017 contén novidades, como a inclusión dunha nova categoría para os grupos de batuca. Entre os participantes no concurso, repartiranse 5.000 euros e haberá ata cinco premios na categoría de comparsas. Ao finalizar o desfile, terá lugar unha actuación musical da man da orquestra local, Salsarena, encargada de amenizar a xornada mentres os asistentes agardan pola resolución do xurado, integrado, por segundo ano consecutivo, por representantes de asociación de Mondoñedo elixidas por sorteo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo