" />

O Concello de Ribadeo insta a pechar o aloxamento turístico do Faro da Illa Pancha

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, confirmou esta mañá que o responsable do hotel situado na Illa Pancha está obrigado a pechar esa instalación “ao non cumprir con todas as esixencias para poder desenvolver a normal actividade”. O rexedor asegurou que se trata de deficiencias técnicas, que teñen solución.

O rexedor explicou que “a raíz dunha pregunta planteada no día de onte, no pleno do Concello, polos grupos da oposición onde se nos pedía información sobre se había novidades sobre a concesión ou sobre a actividade no hotel da Illa Pancha, expliqueilles que se procedera á suspensión da eficacia da comunicación previa para o exercicio desa actividade. Isto implica que o interesado está obrigado a pechar ao non cumprir, segundo os técnicos municipais, todas as esixencias para poder desenvolver a normal actividade”.

Suárez Barcia contou que “estas son deficiencias técnicas, ao noso xuízo que teñen solución e iso entra dentro da responsabilidade do empresario de resolvelas. Son cuestións relativas ao subministro de auga potable, ao saneamento e tamén á accesibilidade á propia illa”.

O alcalde referiuse tamén “á perplexidade que nos produce o clamoroso silencio do ente público responsable desta concesión administrativa. Isto é a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, un organismo que depende do Ministerio de Fomento, que logo de dous meses e de dúas peticións formais de información por parte deste Concello aínda non nos dixo se o proceso de concesión está ben dado ou non, tal e como sinalou o Defensor del Pueblo cun argumentario demoledor contra ese proceso levado adiante por esa Autoridade Portuaria”.

Ribadeo de Tapeo

Noutro orde, a concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo de Ribadeo, Ana Martínez, anunciou esta mañá a décimo segunda edición do concurso gastronómico Ribadeo de tapeo, que terá lugar desde mañá, día 13, e ata o 21 de maio. Son 51 locais os que ofrecerán as súas elaboracións en miniatura ao prezo de 1,50 euros. Esa é unha das novidades desde 2017 xunto á elección das tapas gañadoras, que decidirá un xurado profesional o 22 de maio no hotel restaurante Voar.

Outra das novidades é que a entrega de premios do Ribadeo de tapeo celebrarase o 3 de xuño no Teatro ás 19:00 horas e contará coa actuación dos grupos participantes na II edición dos Cantos de Taberna.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo