O Concello edita o libro cos relatos gañadores das últimas edicións de Trapero Pardo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, presentaron este venres, no Salón de Plenos, un libro cos relatos curtos premiados no certame Trapero Pardo, nun acto ao que asistiron os autores dos relatos, o mestre que realizou a corrección dos contos publicados, Xosé Manuel Castro, a coordinadora da publicación, Margarita Calderón, e a encargada de realizar as ilustracións, Eva Seoane.

O Concello edita de novo esta publicación que recolle os contos gañadores de dúas edicións deste certame, organizado pola área de educación para mozos e mozas de 12 a 18 anos de idade de calquera centro educativo de Lugo. Nesta ocasión, aparecen publicados os traballos gañadores de 2014 e 2015.

Na presentación do libro, na que tamén estiveron presentes as Concelleiras de Economía e Benestar Social, Ana Prieto e Ana Abelleira, respectivamente, a rexedora felicitou a todos os gañadores e gañadores e a todos os participantes neste certame impulsado polo Concello, unha mostra da aposta da entidade local pola cultura.

As obras recollidas neste libro son as seguintes:

 ANO 2014

CATEGORIA DE 12-14 ANOS

1º Premio: Sofía Valiña Cabo coa obra Nunca Medrar do CPR Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria (Lugo)

2º Premio: Iago Penalonga Arribas coa obra A Vila da felicidade do Colexio PP Franciscanos de Lugo

3º Premio: Silvia Díaz Rodríguez coa obra O tesouro do avó do CPR Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria (Lugo)

CATEGORIA DE 15-18 ANOS

1º Premio: María Sonsoles Quiroga Gutierrez coa obra  Os asaltadores do Muro do CPR  San José de Lugo

2º Premio: Antía Sánchez Magdalena coa obra  A un paso dos teus soños do CPR Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria (Lugo)

ANO 2015

CATEGORIA DE 12-14 ANOS

1º Premio: Santiago García Rivas coa obra De Pedra, do CPR Divino Maestro de Lugo

2º Premio: David González López coa obra Maruxa Castaña, do CPR Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria (Lugo)

3º Premio: Sofía Santos Ulloa coa obra Esperanza, do IES Lucus Augusti de Lugo

CATEGORIA DE 15-18 ANOS

1º Premio: Andrea Estrella Arias Díaz coa obra Tras tanta choiva, do IES Ánxel Fole de Lugo

2º Premio:  Elena Valle García coa obra Xogas?, do IES Perdouro de Burela (Lugo)

3º Premio: Sofía Valiña Cabo coa obra Senti son Eu, do CPR Ntra. Sra. de la Asunción  de Sarria (Lugo)

¡Quero vivir!

Tras a presentación deste libro, Lara Méndez e Ana Abelleira achegáronse á librería Balmes, onde o sarriano Iván Quiñoá presentou a súa publicación, ¡Quero vivir!, unha invitación á vida, á loita por vivir a través dunha mirada dun neno que loita por superar o cancro.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com