O Concello estuda crear un banco de terras para reducir a maleza nos soares da cidade

O Concello de Lugo estuda a posibilidade de crear un banco de terras para reducir a maleza que prolifera nalgúns soares da cidade e que provoca problemas como a reducción de visibilidade nalgunhas zonas ademais de supoñer un risco en plena campaña de alto risco por lumes forestais. Así o salientou esta mañá o voceiro do Goberno local, Miguel Fernández, que indicou que esta medida está sendo estudada polo concelleiro de Medio Ambiente.

Deste xeito, os propietarios cederían a explotación deses terreos abandonados a outras persoas que poderían, segundo o concelleiro, realizar actividades como “a instalación de hortas urbanas”. Con todo, o propio Fernández admite que se trata dunha proposta “complicada”, xa que “non sempre é facil concretar quen é o titular deses terreos”. O concelleiro aclarou que, en todo caso, a cesión deses terreos sería temporal e voluntaria por parte dos propietarios.

“Parece que hai experiencias similares noutros países e que funciona. É unha forma de ganar en seguridade e gañar en estética”, subliñou Miguel Fernández

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com