O Concello homenaxeará aos pais cun acto no Cemiterio de San Froilán

A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Manuel Núñez, comeza coa chegada do bo tempo unha nova xeira de actividades culturais no Cemiterio de San Froilán. A primeira delas será un concerto da Banda municipal para conmemorar o Día do Pai, xa que o ano pasado foron as nais as agasalladas.

Este acto de homenaxe terá lugar o vindeiro xoves, día 19 de marzo, ás 12.45, e ademais da actuación da Banda contarase coa colaborarión no mesmo de nenos e nenas do CEIP Menéndez y Pelayo. Dende a Concellería de Servizos Xerais, preténdese consolidar o recinto do cemiterio como un centro municipal máis de actividades socioculturais organizadas polo Concello.

Trátase por un lado de potenciar a riqueza patrimonial do Cemiterio de San Froilán e o seu entorno e, tamén, se pretende contribuir a que se asuma con naturalidade o ciclo da vida, sempre con arreglo aos valores humanos inherentes ás persoas e con absoluto respecto polas crenzas de cada quen.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo