O Concello inaugura o aparcadoiro do HULA con 363 prazas de balde

As persoas usuarias do HULA teñen dende hoxe unha opción máis, e gratuíta, para aparcar os seus vehículos. A Alcaldesa de Lugo inaugurou esta mañá o novo aparcadoiro municipal do Concello, un recinto situado a carón das instalacións sanitarias, con capacidade para 363 automóbiles; no que o Goberno investiu 119.000 euros. O Voceiro Municipal, Miguel Fernández, o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, xunto a numerosos veciños da localidade participaron nesta apertura.

Durante o acto, a Alcaldesa explicou que o Goberno abre este espazo, 5 meses despois da súa licitación, reconvertido nun novo equipamento de uso social. Os novos equipamentos, como este aparcadoiro, “permítenos seguir avanzando no modelo de cidade que queremos”, explicou a rexedora.

A rexedora aproveitou a apertura deste aparcadoiro para  instar á Xunta de Galicia  a rebaixar as “elevadas tarifas do parking privado”, lembrando que existe un acordo plenario unánime ao respecto. Nesta liña,  a alcaldesa demandoulle á administración autonómica prazas públicas “entendendo que a xente ao HULA vén por necesidade”.

Continuando coa mellora da zona do Hula, a rexedora anunciou que, ante a apertura deste novo aparcadoiro público, intensificarase a vixilancia da Policía Local na contorna, cun operativo diario nos primeiros meses, co obxectivo de disuadir a presenza dos denominados ‘gorrillas’. Ademais, avanzou que se traballa na elaboración dun bando para tentar paliar esta situación, para que a xente poida facer uso e disfrute destas prazas públicas sen acometerse procedementos ilícitos por parte dos aparcacoches.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com