" />

O Concello instalará un punto violeta no Caudal Fest

O Concello de Lugo, a través da concellería de Muller e Igualdade, que dirixe Silvia Alonso, instalará un punto violeta con motivo da celebración do Caudal Fest co obxectivo de previr as agresións sexuais que poidan darse no espazo público.

Neste punto, este ano en forma de caravana morada, levaranse a cabo labores de información, asesoramento, sensibilización e atención a posibles vítimas de agresións sexistas. Estará atendido por unha psicóloga e unha traballadora social, ambas con formación e experiencia acreditada en cuestións de xénero.

Tal e como explicou a concelleira, “a finalidade é de concienciar, previr e gozar de festas libres de acoso e humillación machista. É un lugar onde atopar apoio psicolóxico e para acompañar nos trámites dunha posible denuncia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo