O Concello investirá máis de 100.000 euros nas estradas de San Xoán do Campo e de Argonde a Vilachá

O Concello de Lugo adxudicou hoxe a execución de dúas obras para mellorar os accesos a núcleos da zona rural do municipio.

A Concellería de Infraestruras, dirixida por Manuel Chaín, investirá un total de 110.039 euros nos dous proxectos consistentes na rexeneración de firmes na estrada da LU-612 a Belesar-parroquia de San Xoán do Campo e na segunda fase da rexeneración de firmes na estrada de Argonde a Vilachá.

A Mesa de Contratación do Concello aprobou, na xuntanza que celebrou este mediodía, a adxudicación de ambos os dous proxectos coas que o Concello logra un aforro de case 41.000 euros.

A primeira das obras foi adxudicada por un importe de 20.076 euros á empresa Transformaciones Agrarias Isidro-Blanco Trigo. O presuposto máximo de licitación deste lote era de 28.477 euros, e o segundo lote foille adxudicado cun presuposto de 89.963 euros á empresa Ovisa Pavimentos y Obras SLU. Neste caso, o presuposto máximo de licitación era de 122.473 euros.

O prazo de execución dos traballos, tal e como establecía o plego de condicións, é dun mes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo