" />

O Concello invita aos lucenses a coñecer o Vello Cárcere con concertos, danza e unha exposición

O Concello de Lugo, a través da delegación municipal de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, con Carmen Basadre á fronte, invita aos veciños e veciñas de Lugo a coñecer a rehabilitación do Vello Cárcere como centro cultural cun programa inaugural de actividades que inclúen concertos, danza e unha exposición. A concelleira de Cultura avanzou que o día da inauguración, o xoves, a partir das 20:00 horas, actuará a  orquestra de música clásica Lugo Camerata (LUCA), a primeira orquestra profesional de Lugo, xunto á pianista Maite Belón, e a compañía de danza da Universidade de Santiago de Compostela ofrecerá o espectáculo Pulsos.

O venres 31, ás 20:00 horas, abrirá a exposición Un cárcere, unha porta e un xardín, que aborda a historia da prisión, e actuarán de novo LUCA e Maite Belón, a partir das 20:30 horas. Lugo Camerata ofrecerá outro concerto o 8 de abril.

Basadre deu a coñecer así mesmo o horario de apertura que terá o centro a partir do venres é o seguinte: os luns, de 11:00 a 14:00 horas; martes e mércores, de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas; xoves e venres, de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 23:00; os sábados, de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 22:30; e os domingos, de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo