" />

O Concello leva o Plan de Roza ás 54 parroquias luguesas

O voceiro municipal, Miguel Fernández, supervisou esta mañá as tarefas de desbroce que o Concello de Lugo está a levar a cabo grazas ao Plan de Roza nas parroquias de Teixeiro, Pías, Monte de Meda e Soñar. Este plan acondicionará a totalidade das estradas municipais asfaltadas do rural ao longo deste mes de xullo e do vindeiro mes de agosto.

As tarefas, que contan cun orzamento de 97.300  euros e dos que se encargan 8 tractores e unha ducia de operarios, estes días están a realizarse tamén nas parroquias de Meilán e Coeses. Estas tarefas continuarán actuando nas estradas de titularidade municipal das 54 parroquias luguesas.

A entidade local inicia esta programación de traballos de roza ao comezo da tempada estival para evitar posibles incendios ao tempo que se optimizan os recursos. “Ademais de manter en bo estado as vías do rural, con estas actuacións, que atenden a peticións veciñais, melloramos as comunicacións no rural e a seguridade viaria”, destacou Fernández, quen subliñou o gran peso do rural do municipio, que supón o 80% do total do territorio do Concello e o 10% da poboación.

Previamente ao comezo destas actuacións, o Concello, con medios propios da brigada municipal, procedeu á limpeza de distintas zonas do rural, como arredores dos campos das festas ou de feiras, cemiterios, ou zonas de risco, tal e como lembrou o edil, quen reiterou a aposta do Goberno polo rural e o seu compromiso para mellorar a calidade dos servizos da veciñanza, independentemente se residen no rural ou na cidade.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Liyo Perez
    Xul 11, 2017 - 05:11 PM

    Y lugo city ??

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo