" />

O Concello mellora a sinalización do aparcadoiro municipal do HULA

O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas vén de anunciar que “dende a concellería de infraestruturas instalamos unha serie de paneis informativos para informar ás usuarias e usuarios dos accesos ao aparcadoiro”. Segundo informou o edil, “xunto co uso de diferentes cores para delimitar as zonas de tránsito e de estacionamento, colocamos unha serie de estruturas para delimitar as zonas de estacionamento e evitar vehículos mal aparcados”. Ademais, o concelleiro informou da instalación de “unha serie de estruturas para asegurar os accesos peonís”.

“Debemos traballar en mellorar o estado desta infraestrutura tan necesaria para os centos de persoas que a utilizan a diario”, indicou o edil nacionalista, que engadiu “xunto co mantemento do firme, a sinalización dos espazos é outra das solicitudes que máis nos facían chegar e ás que tratamos de dar solución da mellor maneira posíbel”.

Con esta medida, a concellería de infraestruturas trata de dar solución ás solicitudes da veciñanza. Para o concelleiro, “trátase dunha intervención de baixo custo, que é moi solicitada polas persoas usuarias deste aparcadoiro, que mellora a súa imaxe e facilita o seu uso, ademais de permitir que se aproveite a ampliación do espazo que se habilitou coa última actuación na zona”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo