O Concello mellora as instalacións educativas que solicitaron as ANPAS

O Concello de Lugo investiu preto de 100.000 euros en mellorar instalacións educativas públicas, atendendo ás peticións das ANPAS e dos equipos directivos dos centros. Así, al e como informara o Concelleiro de Educación e Infraestruturas, Manuel Núñez,o pasado mes de agosto, a entidade local acometeu tarefas de conservación en todos os colexios públicos municipais.

 

Nas instalacións do CEIP de Albeiros, ata onde se achegaron a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Educación e Infraestruturas, Manuel Núñez, para supervisar e repasar os traballos, realizouse a reparación do aparcadoiro e do acceso a infantil. “As tarefas acometéronse tendo en conta a situación de cada centro e asnecesidades que nos trasladaron tanto pais e nais como equipo directivo, os que coñecen de primeira man as escolas, co obxectivo de mellorar as condicións dos centros para o curso académico que acaba de comezar”, subliñou Lara Méndez.

 

Por outra banda, no colexio da Ponte reparouse o firme de acceso ao centro, arranxáronse os canlóns e acometeuse o pintado de tres aulas. Outras tantas tamén foron pintadas no colexio das Gándaras.

Polo que respecta ao CEIP Manuel Mallo Mallo, reparouse a cuberta da pista polideportiva, e nn canto ao centro educativo da Anexa reparouse a cuberta da pista polideportiva e abriuse unha porta na súa zona administrativa. Tamén se abriu unha porta, neste caso na pista polideportiva do colexio de Casás, onde se fixo unha rampla de acceso e se colocou unha varanda de seguridade.

No colexio Menéndez Pelayo substituíronse as tubaxes de auga potable, e no Quiroga Ballesteros pintáronse as aulas e os andares da planta baixa, e reparáronse as columnas do peche perimetral.

A zona de xogos infantís foron obxecto de acondicionamento no colexio Illa Verde, mentres que en Paradai se arranxaron os baños da planta baixa e se instalou unha billa exterior.

“A intención deste equipo de Goberno é continuar coas melloras como reflexo do noso compromiso coa educación pública no municipio”, subliñaron Méndez e Núñez, que tamén lembraron que foron reparados os areeiros dos centros.

A Escola Infantil Luis Soto Menor tamén foi obxecto de mellora, onde se instalou aire acondicionado para solventar o problema de temperatura nos corredores.

Por último, e sendo sensibles tamén as peticións das ANPA, a entidade local instalou dúas varandas de seguridade á entrada do colexio Maristas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com